luns, 20 de xaneiro de 2014

Imos de baile...medieval!



Para entrar en materia neste trimestre coa Idade Media nada mellor que empezar cunha danza.
Xa levamos varios días empezando a xornada con música medieval e por fin, hoxe, bailamos.

A canción que utilizamos é un fragmento de:
 "La quinte estampie real" (Anónimo francés do s. XIII)

A estampie é unha danza instrumental (non hai voces) dos séculos XIII y XIV. Orixinariamente era unha danza real.

Coreografía:

Na 1ª parte: 8 pulsos avanzamos + 8 colocámonos en círculo de parellas.
Na 2ª parte: 12 pulsos coas mans agarradas en alto para a dereita + 12 pulsos coas mans en altao  para a esquerda.
Na 3ª parte: Chico:4 pulsos  cara o centro + 4 unha volta a parella +  4 pulsos volta ao circulo. Repite pero agora a chica.
Na 4ª parte: 10 pulsos  + 10 pulsos


A canción completa por se a queres escoitar:

Ningún comentario:

Publicar un comentario