martes, 26 de agosto de 2014

Xa estades en 5º de primaria!

Ola nenos e nenas de 5º!: Rebeca, Fátima, María,Uxía, Javier, David, Iván, Jazkra e Alejandro

Que tal o verán? Espero que o pasarades xenial e cargarades ben as pilas para empezar o novo curso con moitísimas ganas.
Déixovos as fotos do libro: "Había unha vez...9 escritores/as". Queda no cole para a biblioteca así que cando queirades pedídeslle a Teacher que vos deixe botar unha ollada ao voso traballo. Está o máis representativo do curso de 4º.









Nada máis, eu tamén teño moitas ganas de empezar o curso e coñecer aos meus novos alumnos/as de Celanova. 
Non vos esquecerei a ningún de vós, seguro que nestes dous meses medrastes unha barbaridade así que, se me vedes polas rúas de Ourense saudádeme porque ao mellor eu non vos recoñezo ;-)

Moita sorte para este novo curso 2014-2015!!!