mércores, 23 de abril de 2014

23 de abril: Día do libro

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
 


Celebramos hoxe, 23 de abril o día do Libro porque tal día coma hoxe finaron uns escritores importantísimos! A algún coñecédelo seguro!

MIGUEL DE CERVANTES             WILLIAM SHAKESPEARE


                        

 
 

















sábado, 19 de abril de 2014

Pergamiño de Martín Códax


A principio do século XX atopáronse as 7 cantigas do trobador Martín Códax.
Fíxádevos que antes non existían as libretas coma agora!

Aviso aos trobador@s de 4º

Ola nenos e nenas de 4º! 
Por favor, revisade o voso teclado do ordenador. Penso que á maioría non nos veñen os puntos, nin as comas, sin os signos de exclamación...
Mirade a próxima vez que poñades un comentario no noso blog se vos funcionan os signos de puntuación!
Graciñas.



xoves, 17 de abril de 2014

Pena Trevinca, o pico máis alto de Galicia

Visita ao panteón de Rosalía

Ola! Como tod@s sabedes Rosalía de Castro naceo o 24 de febreiro d 1837 en Santiago e morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885.
Durante as vacacións fun visitar o Panteón de Galegos Ilustres onde está enterrada xunto con Castelao e outros escritores de moita importancia para Galicia.

Aí vos colgo as fotos: 


    
     




Concerto do grupo Martín Códax

Ola nenos e nenas!
Mirade o que atopei: un concerto do grupo de música antiga Martín Códax en Ourense!
Aínda que o concerto é o día 5 de setembro (a piques de estrear 5º) en Amoeiro aí vos queda a información que vin en Axenda Cultural Tempo de Lecer Ourense.



Tamén vos colgo un vídeo para que escoitedes a súa música. Como xa sabedes interpretan cancións da Idade Media, dos trobadores...


mércores, 9 de abril de 2014

Viaxe á Idade Media..


Onte soñei…

Que podía voar  coma as aguias reais

surcar centos de kilómetros

sen unha  enchente de cereais.

Crucei campos de terra

crucei campos de  herba

tons marróns e verdes

mesturados coas incoloras cores

das augas continentais das lagoas.

Collín folgos no alto das enciñas

a viaxe era rectilínea

nin serras, nin cordilleiras

nin vales nin canóns.

Os meus ollos só miraban

unha extensa meseta

que en Galicia nunca vira

e me sorprendera un montón.

Cando o soño remataba

cheguei tamén  ao meu destino

atravesando os  montes de Castela

viaxara ata  a:  Idade Media.




 




http://www.castillodelamota.es/

luns, 7 de abril de 2014

A auga e a paisaxe

 CORRIENTES

En esta reconstrucción realizada por la NASA, se muestran los océanos y las corrientes marinas en un lapso de 2 años.
Gracias a ello, la NASA puede estudiar los remolinos a través de la modelación del océano, y su principal objetivo es estudiar el océano para comprender el escenario que pudiera presentarse a raíz de los cambio climáticos.






   
MAREAS




OLAS



domingo, 6 de abril de 2014

Mamás traballadoras

Como sabedes faltábanos unha mamá para completar o noso mural. Ensínadeo na casa, a ver se se recoñecen!




"Unha raíña diferente"


Rebeca, Fátima, María, David, Javier, Uxía, Jazkra, Iván, Alejandro e a profe Sonia estamos moi ilusionad@s porque na semana das Letras Galegas imos  ir á Mostra de Teatro Escolar de Bande a representar a obra: "Unha raíña diferente". A obra escribiuna a profe Sonia a partires dunha idea de Camino de 5º. Xa que este curso no cole traballams a Idade Media, a nosa dramatización non podía ir doutra cousa. De modo que hai: rei, raiña, princesa, seres máxicos, malos malísimos...

A obra xa está collendo cor, esta semana toca probar cos efectos sonoros! Tamén vos deixo unha canción da banda sonora da nosa obra: "A danza das hachas"!! A ver mañá que tal. 











"Adiós ríos, adiós fontes"

Bos días, nenos e nenas! Aquí vos deixo colgado o vídeo co poema de Rosalía de Castro que recitamos. Quedou moi bonito!
Unha vez que o visualicedes pensade que aspectos se poderían ter mellorado das estrofas para a próxima vez.



 




martes, 1 de abril de 2014