martes, 25 de febreiro de 2014

A enerxía

A enerxía é a capacidade que teñen os corpos para producir cambios neles mesmos ou noutros corpos.

Exemplos de corpos que posúen enerxía:
  1. O noso corpo
  2. Combustibles
  3. Auga dunha fervenza

luns, 24 de febreiro de 2014

Feliz cumpreanos, Rosalía!


Tal día coma hoxe, naceu Rosalía de Castro.


En clase estivemos re-facendo a súa vida.


Para escoitar...


domingo, 23 de febreiro de 2014

Esta semana pasou todo isto...

Durante a semana pasada, vimos  como as nosas lentellas medraban: xa tiñan raíces e follas.

Tamén sorteams na clase un libro de aventuras que a profe Sonia lía moito moito cando tiña 10 ou 11 anos. O libro tocoulle a Iván. Noraboa!


Rematamos a semana participando nun obradoiro de creación de comadres e compadres. O entroido está á volta da esquina e o xoves que vén imos ir á  Praza Maior a celebrar o xoves de comadres correndo moito!!!






mércores, 19 de febreiro de 2014

A ver a ver, como era o latín?



Somos os nen@s da aula de 4º. Os nosos nomes son: Rebeca, Javier,  MAría, Iván, Uxía, David, Jazkra, Alejandro e Fátima. Encántanos estudiar aos romanos.
---------------------------------------------------------------------
Classis filii sumus 4. Nostra haec sunt nomina, Rebecca, Javier: Maria, Ivan, Uxía, David, Jazkra, et Alexander Fatima. Et utrum studium Romani.

Lembrades quen foi a gañadora do concurso de postais de Nadal....?

Que bonita era a postal de Uxía!

A materia


A materia é todo o que podemos ver, ulir, tocar...
Son materia o aire, as rochas, a madeira...
Tódolos obxectos están formados por materia.
A materia ten dúas propiedades comúns: a masa e o volume.
A masa mídese en gramos, kilogramos...







Outras propiedades da materia:
  • Resistencia
  • Transparencia
  • Dureza
  • Elasticidade
  • A cor








A materia clasifícase en:
  1. Substancias puras


 2. Mesturas



Para aprender máis sobre a materia...

http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1046


Os cambios de estado


domingo, 16 de febreiro de 2014

Moita sorte, profe Fanny!

E chegou o 14 de febreiro...A profe Fanny marchaba. 

:-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-(

Foi un día che de imprevistos, nervios, emocións e unha gran despedida.
Agasallámola co mellor de nós: o cariño que lle temos despois de tanto tempo ao noso lado.
Ela emocionouse, os ollos escintilábanlle, repartiu abrazos, abriu agasallos... 
Cando xa dabamos todo por rematado, dirixiuse ao seu bolso e materializou o  cariño que  tamén nos tiña en forma de preciosos detalles para cada un de nós.
Para endulzar a despedida, tomamos unha piruleta e sonou o timbre.

Moita sorte, profe Fanny.
 Desexámosche que tódolos teus obxectivos se vexan cumpridos.
Volta para contalo!
Querémoste!


 
AQUÍ VAI IR A PRESENTACIÓN DE FOTOS DO TEU ÚLTIMO DÍA... en breve!!!!


luns, 10 de febreiro de 2014

Vídeo que nos deixaron a formiga coxa e compañía

Nenos e nenas de 4º:
Aquí vos deixo colgado o vídeo que nos deixaron a formiga coxa, a ra peluda, a cobra chosca e o rato de biblioteca. En breve tamén colgaremos as fotos que nos fixemos con elas. Saúde, nen@s!





















E agora a ritmo de blues...

mércores, 5 de febreiro de 2014