domingo, 16 de febreiro de 2014

Moita sorte, profe Fanny!

E chegou o 14 de febreiro...A profe Fanny marchaba. 

:-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-( :-(

Foi un día che de imprevistos, nervios, emocións e unha gran despedida.
Agasallámola co mellor de nós: o cariño que lle temos despois de tanto tempo ao noso lado.
Ela emocionouse, os ollos escintilábanlle, repartiu abrazos, abriu agasallos... 
Cando xa dabamos todo por rematado, dirixiuse ao seu bolso e materializou o  cariño que  tamén nos tiña en forma de preciosos detalles para cada un de nós.
Para endulzar a despedida, tomamos unha piruleta e sonou o timbre.

Moita sorte, profe Fanny.
 Desexámosche que tódolos teus obxectivos se vexan cumpridos.
Volta para contalo!
Querémoste!


 
AQUÍ VAI IR A PRESENTACIÓN DE FOTOS DO TEU ÚLTIMO DÍA... en breve!!!!


3 comentarios: