xoves, 15 de maio de 2014

Palabras de Caramelo


Que emoción! Hoxe empezamos e ler o libro:"Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure.
A nosa vida non se parece en nada á do seu protagonista, Kori.
Polo  momento, coñecimos onde e cando acontece a historia e como é o seu protagonista.


Kori vive en Smara, un dos campamentos de refuxiados onde habitan os saharauis, no deserto arxelino.





 

A paisaxe que vía Kori era a hammada. Clica na foto para saber que é a hammada.

http://es.wikipedia.org/wiki/Hamada



Mira na foto o que son as jaimas:



A noite é...

Un día máis, poema de Xosé María Díaz Castro para hoxe...


A noite é...

Hai homes cheos de sombra,
homes a contralús
que che fan ver a Deus
coma unha mar de lus.

A Noite é necesaria
pra que ti poidas ver
sobre o medo e o mal
as estrelas arder.





mércores, 14 de maio de 2014

Penélope, un poema de Díaz Castro

Penélope. X. M. Díaz Castro

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.



Concurso Mellor Periodista Infantil - La Voz de Galicia

Aquí vos deixo os traballos que fixestes para o concurso de La Voz de Galicia. Seguro que vos fai ilusión velos:










martes, 13 de maio de 2014

Un poema de Díaz Castro...

ESMERALDA

Herba pequerrechiña
que con medo surrís

ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿por qué de ser pequena
te me avergonzas ti?

O Universo sería
máis pequeno sin ti!




Para traballar na nosa clase...


Primeiro imos ver este vídeo sobre a vida de Xosé María Díaz Castro:







Agora tócache facer o xogo do BRINCALETRAS

Onde está Guitiriz

Para saber onde está Guitiriz no mapa fai clic nel:





Le sobre Guitiriz na Galipedia: aquí

domingo, 11 de maio de 2014

Os nosos vermes de seda

Fai apenas 1 mes chegaron á nosa clase 9 pequenos vermes de seda. Día tras día fomos vendo como ían medrando. Devoran as follas de moreira que cada mañá nos trae Lúa de 2º a clase. A semana pasada empezaron a formar os casulos. Xa queda pouco para que a metarmorfose remate e teñamos 9  bolboretas na clase.
Aquí deixo as fotos da súa evolución:








Ensaiando "Unha raíña diferente"

Ola! Como todo o mundo sabe, o mércores 14 de maio de 2014 imos representar a obra de teatro "Unha raíña diferente". A obra escribiuna a profe Sonia a partires dun conto elaborado por unha nena de 5º. Estamos moi ilusionados porque xa case todos a sabemos e agora tócanos o vestuario e atrezzo!
Aquí van algunhas fotos dos ensaios:












martes, 6 de maio de 2014

Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro



XOGO LIM PARA 4º: AQUÍ

 XOGO "PASAPREGUNTA":
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponte/system/files/u27/letras_galegas_2.swf




 TEST SOBRE DÍAZ CASTRO:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponte/system/files/xosemaria1.swf






http://seminariogalan.org/2014/biografia.pdf