mércores, 30 de outubro de 2013

O Samaín

Que será o Samaín? Está relacionado co famosos Halloween? Imos investigar.... a ver, a ver...
Debedes contestar ás preguntas que se vos fan, de forma breve. Para iso buscaredes nos enlaces de axuda a información que se vos pide.

A palabra Samaín que significa?
Que pobo trouxo esta tradición a Galicia?
Que se celebra na festa do Samaín?
Cando se celebra?
Que ocurre na noite do Samaín?
Que se obxectos se utilizaban para afastar das casas os espíritus?


ENLACES DE AXUDA:
http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/norma_sama02.htm



PARA BOTAR UN OLLO:











Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.




mércores, 9 de outubro de 2013

A nutricición e a dieta

A alimentación é a toma de alimentos, pero non todo o que comemos ou bebemos nos serve.
Os nutrientes son as substancias útiles dos alimentos, que se converten en enerxía e materia para o noso corpo. Os nutrientes que conteñen os alimentos poden ser dos seguintes tipos:

  • Proteínas
  • Hidratos de carbono
  • Graxas
  • Minerais
  • Vitaminas




Para ver se comprendiches o video, fai a actividade: "Alimentos e nutrientes"



A dieta é a cantidade e a variedade de alimentos e de auga que unha persoa consome habitualmente.

Aquí vos deixo algunhas actividades máis:






Aparato dixestivo
Antes de nada, coñeces ben o aparato dixestivo? Compróbao aquí.

O proceso da dixestión


Atención: 
No seguinte vídeo hai un erro: 

  • Onde escoitedes a palabra quilo debe ser quimo
  • Onde escoitedes a palabra quimo de ber quilo
Resumindo: cambiade quilo por quimo e, vicesersa.


 CLICA AQUÍ

Na seguinte actividade comprobarás se xa te sabes ben: a dixestión.


Agora déixovos máis enlaces sobre o tema:

mércores, 2 de outubro de 2013

Habemus trobador!

Despois dunha semana de intenso traballo, o resultado é o que podedes ver a continuación:





Trobadores e trobadoras de 4º
Antes de nada, as presentacións. Somos os nenos e nenas de 4º EP do CEIP Manuel Sueiro de Ourense.Este curso imos ser os trobadores e trobadoras  de nome:
  • Jazkra
  • Uxía
  • Lina
  • Fátima
  • Rebeca
  • María
  • David
  • Iván
  • Alejandro
  • Cristian
  • Javier
Inaugurado queda o noso blogue! Nel iremos colgando os nosos traballos, as nosas fotos... Tamén podemos utilizalo para xogar, repasar e aprender cousas novas!

Sen máis demora...
comeza o espectáculo!!