mércores, 9 de abril de 2014

Viaxe á Idade Media..


Onte soñei…

Que podía voar  coma as aguias reais

surcar centos de kilómetros

sen unha  enchente de cereais.

Crucei campos de terra

crucei campos de  herba

tons marróns e verdes

mesturados coas incoloras cores

das augas continentais das lagoas.

Collín folgos no alto das enciñas

a viaxe era rectilínea

nin serras, nin cordilleiras

nin vales nin canóns.

Os meus ollos só miraban

unha extensa meseta

que en Galicia nunca vira

e me sorprendera un montón.

Cando o soño remataba

cheguei tamén  ao meu destino

atravesando os  montes de Castela

viaxara ata  a:  Idade Media.




 




http://www.castillodelamota.es/

6 comentarios:

  1. Soy la TROVADORA María.
    ¡Que bonito es el POEMA!, si nos fijamos un poco el poema habla un poco de lo que estamos estudiando: serras, cordilleiras, vales, canons, mesetas e Montes de Castela e sen esquecerme a: IDADE MEDIA!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Trobadora María! Que ben entendiches o poema! Así dá gusto poñerse a trobar!

      Eliminar
  2. Xa.MOI BEN MARÍA!!!

    ResponderEliminar
  3. Grazas pero eres Uxía, Rebeca...?
    e coma sempre son María

    ResponderEliminar
  4. Perdón a k che escribiu eso fun eu Uxía.

    ResponderEliminar