domingo, 12 de xaneiro de 2014

Escribimos poesía I

Aquí quedan colgadas algunhas poesías que inventamos na clase durante o 1º trimestre. Esperamos seguir inspirados e inspiradas.







O vento zoa pon porrón pompón

tras os cristais, tiruri, tirurá

mentres na cama, chás chás chascarraschás

durmo quentiño, ton ton tomporrontón.

                                            (Autora: Rebeca Alonso)   






O vento zoa tras dos cristais,

mentres na cama durmo quentiño.

Durmo quentiño e ben tapadiño

co meu ruliño pequeniño

Xa fai un ano que non me esquecín

que o inverno chegaría ao seu fin.

                                            (Autora: Uxía )









O vento zoa tras dos cristais, ton ton tomporrontón

mentres na cama durmo quentiño, chás chás chascarraschás.

Rúas desertas e ceos grises, ton ton tomporrontón

Lembra que o inverno entrou na vila, chás chás chascarraschás.

                                   (Autora: María Sánchez Cao)






O vento zoa tras dos cristais , chin chin

Mentres na cama durmo quentiño, jo jo

Rúas desertas e ceos grises, su su

Lembran que o inverno entrou na vila, frío frío.

                                                 (Autor: Javier )


A miña nai é doce Coma un caramelo
Os seus ollos teñen a graza do ceo.
Cando eu me achego ao seu corazón
dáme moitos bicos con gran emoción!
Bo Nadal,
O teu fillo que te quere moito.

                                 (Autor: David Bolaño)


                       ------------....................--------------














Ningún comentario:

Publicar un comentario