mércores, 14 de maio de 2014

Penélope, un poema de Díaz Castro

Penélope. X. M. Díaz Castro

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.



4 comentarios:

  1. Este xa e mais largo e que bonito é. Soy María. ;))))))))))

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa sodes todas unhas expertas en Xosé María Díaz Castro!

      Eliminar
  2. Sí tes razón María.
    Son Uxía.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa sodes todas unhas expertas en Xosé María Díaz Castro!

      Eliminar